Teito Clase A30 \ B0

En canto a divisións horizontais, PANELFA desenvolveu para os locais con clasificación A30/B0 un cómodo e efectivo sistema de teito autoportante que permite manter o alto grao de calidade en todo tipo de construcións. Este sistema de teito vai suxeito ao panel por un angular perimetral de 30 x 30 x 3 e no caso de que a superficie a cubrir sexa máis grande de 2000 mm no sentido lonxitudinal das pezas, usaranse unhas trabes en forma de T que irán suxeitas á cuberta superior. As pezas de teito encaixan entre si sen ningún tipo de perfil.

O teito A30/B0 está formado por unha chapa de aceiro galvanizado de 0,7 mm de espesor recuberta cunha capa decorativa de PVC de 150 microns e la de rocha de 150 kg/m 3 de densidade unidos entre si con cola monocompoñente PUR especialmente deseñada para este produto.

O teito A30/B0 conta ademais cunha ampla gama de perfís para adoptar practicamente calquera solución posible.



DESCRIPCIÓN TECHO A30/B0
Clasificacion al Fuego A30/B0
Medidas Estándar 1800X300mm
Largo Máximo Hasta 3000mm
Ancho Modular 300mm
Grosor 40mm
Peso 13,80 Kg/m2
Aislamiento Acustico 34db (100-3150 Hz)
Conductividad Térmica 0,60 (Kcal/m2 hºC)
Aplicación Techo (ceiling)